
Carmen Méndez nace en Neira de Rei (Lugo). Estuda inicialmente interpretación na escola Réplika Teatro e fórmase máis recentemente con Fernando Piernas.
En cine participou, entre outros, en Tres, filme dirixido por Juanjo Giménez Peña; Bad Investigate, de Luis Ismael; e acaba de rematar a rodaxe como actriz protagonista da longametraxe Outono, ópera prima de Giselle Llanio.
En televisión traballou durante sete temporadas na serie de TV Pazo de Familia, personaxe pola que foi finalista en dúas ocasións ós Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual como Mellor Actriz de Reparto e tamén formou parte do elenco de Auga Seca, Élite, Saudade de ti, Valle Salvaje ou Marusía, entre outras.
En 2024 estréase como directora coa curtametraxe documental Pura, seleccionada en numerosos festivais nacionais e internacionais, coma o Big Sky Documentary Film Festival, Festival de Cortos de Bogotá ou o Play Doc (Tui), e recibindo premios en moitos deles, coma no Aguilar Film Festival ou en Curtocircuito. No 2025 recibe o Premio Mestre Mateo a Mellor Curtametraxe.
Estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo e é Enxeñeira Química.